miércoles, 21 de abril de 2010

DESPEDIDAS
Non tiña tempo nin inteción de vela. O único motivo que me fixo captivo do sofá foi a canseira dun día que xa esmorecía. Semellaba unha historia común e nada "alucinante". Unha narración tan sinxela coma veraz fixo que non me poidese apartar da pantalla. Cando rematou decateime de que aquela película tiña que ser rematadamente boa. Sen efectos, sen sobresaltos, sen artificios e sobrelevando de inicio o peso morto do meu cansazo inicial. Unha historia xaponesa tan íntima coma universal. Unha película anónima merecente de nominaciones. Xa sei que non serve de nada, pero como sei que non lle han chegar, que vaia sendo a primeira a miña.
LA JAULA DE ORO
Vén de crearse o Club de Lectura de Adultos de Ribeira. Nace dun acordo entre as ANPAS e bibliotecas dos tres IES da vila, o Ateneo Valle Inclán e o Departamento de Normalización Lingüística do concello. O Club reúnese cada mes ou mes e medio para comentar o libro obxecto de lectura. O primeiro dos libros foi "La jaula de oro", do que é autora unha muller iraní que no 2004 foi premiada co nobel da paz. Fai un relato histórico-biográfico dos últimos 50 anos da historia de Irán (Sha de Persia, Revoltas Populares, Jomeini, Revolución Islámica...) a través da historia concreta dunha familia na que cada membro defende, con resultados dramáticos, una opción ideolóxica distinta.
A vindeira xunta terá lugar o 27/05/2010, ás 19:45 horas, na sala de encontros do Ateneo Valle Inclán, que está no Bar Plaza. A iniciativa está aberta a todo o que queira engadirse. Só ten que botarse a ler e presentarse alí, en día e hora. Por certo o libro escolmado é Martin Edam, de Jack London.